
As versións comerciais constrúen pezas a partir dos datos dun arquivo CAD en formato .STL (monocromo) ou .VRML (cor). Ambas as dúas fabrican a peza capa a capa. A xeometría do modelo constrúese esparexendo unha capa de po, imprimindo unha sección horizontal da peza e despois repetindo o proceso (esparexer po e imprimir sección) ata rematar a peza.
As capas constrúense unha enriba doutra ata que a peza se completa. A xeometría da peza sopórtase grazas ao po "non-impreso", o que permite un amplo rango de complexidade nas pezas. Esta tecnoloxía non necesita estruturas de soporte durante a fase de construción, xa que o po cumpre esa función ata que a peza se desenterra da cubeta de fabricación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario